Presentación

Ola,

Acabo de mudarme! Podes entrar na miña nova páxina web dende aquí https://psicologajanetdiaz.es/

o meu nome é Janet Díaz Portela, son licenciada en Psicoloxía, formación que completei co Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster de Coaching para a Motivación e os Procesos de Cambio e o Máster de Práctica Clínica en Saúde Mental.

Creativa e divertida, considero o meu traballo como algo máis ca unha profesión. Disfruto axudando a mellorar a vida das persoas, sendo fundamental a actualización de coñecementos para ofrecer o mellor servizo posible. Son esixente e eficiente, con ambición para mellorar día a día no terreo laboral e persoal.

 

Problemática actual

Unha de cada cinco persoas está en risco de ter mala saúde mental.

Sentímonos infelices porque estamos demasiado ocupados lamentándonos polo acontecido no pasado, culpándonos polo que nos sucede no presente e preocupándonos polo que nos deparará o futuro.

 

A miña proposta

Atención integral e eficaz á saúde mental das persoas en tódalas etapas da vida, axudando a desenvolver as capacidades e habilidades necesarias para superar os obstáculos vitais.

O cambio é consustancial a nosa existencia, e a nosa actitude é o que convirte o cambio nunha oportunidade ou nunha crise. A calquera idade pódese medrar e aprender, se queres, podes empezar a facer cousas hoxe para lograr sentirte mellor.

cropped-psicc3b3loga-janet-dc3adaz3.jpg